“La caverna mágica” ofrecerá un repertorio acústico de versións de clásicos do rock, pop, soul e folk en Ferrol
A programación de concertos do ciclo “As Noites en Capela”, organizada pola Concellería de Cultura que dirixe Manuel Reyes García Hurtado, continúa pasadomañá coa actuación de La caverna mágica, que inundará a Capela do Torrente Ballester coas súas versións acústicas. O concerto dará comezo ás 21:00 horas e as entradas poden adquirirse de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web oficial do Concello: www.ferrol.es (apartado axenda cultural).
Os guitarristas Emilio Aguiar e Manuel Pérez acompañados pola voz de Jéssica Rodríguez ofrecerán un repertorio acústico de versións de clásicos do rock, pop, soul, folk…











