José Manuel Rey Varela participa na conmemoración do Día Internacional do Neno
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, participou esta mañá a celebración do Día Internacional do Neno que realizaron os alumnos e alumnas do CEIP Recimil na praza de Armas, situada fronte ao Pazo Municipal. O primeiro edil da cidade estivo acompañado pola concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro.
No acto de celebración do Día Internacional do Neno dous alumnos do centro educativo leron un manifesto sobre os dereitos dos nenos. Así, os 341 escolares do CEIP Recimil realizaron unha solta de globos e un flashmob para conmemorar o día dos nenos e nenas de todo o mundo.











