IX edición do Día da Bicicleta en Dodro

Participantes no Día da Bicicleta
O pasado sábado 1 de xuño celebrouse a IX edición do Día da Bicicleta en Dodro. En esta ocasión houbo unha alta participación, xa que inscribíronse para realizar a ruta 84 persoas. Os nen@s máis pequenos puideron divertirse na xincana que se instalou na explanada do pavillón. Antes da saída sorteáronse entre os participantes un casco, guantes, botellíns e unha bicicleta que foi a parar a mans de Alejandra Reboiras.
A ruta desenvolveuse con total normalidade, con algúns que outros roces no pelotón e cos máis novos intentando estar sempre en cabeza de carreira. O percorrido saiu do pavillón e pasou por Vigo, Dodriño, A Malladoira, Revixós, Cancela Abrea e logo foi polas pistas da ata Imo, donde se volveu cruzar a estrada para dirixirse a Sar, Tarrío e Tallós. Dende o concello o pelotón cruzou de novo ás pistas para rematar no Bosque.
Unha vez que chegou o grupo e todos se hidrataron realizouse a entrega de premios á que asistiu o concelleiro de Deportes Jose Nuñez e o alcalde Valentín Alfonsín.
Os premios repartíronse así:
– Bicicleta máis orixinal: Cristina Blanco e Xulia Otero
– Participante de máis idade: Ángel Vázquez
– Participante máis novo: Manuel Laíño