IV Convivencia Musical en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+

Mañá, sábado 15 de xuño, vai desenvolverse en Xove a IVª CONVIVENCIA MUSICAL na que van participar músicos de toda a Provincia. Esta xornada de convivencia está organizada pola Escola Municipal de Música do Concello de Xove, e na mesma van participar 50 nenos/as e rapaces/as das Escola Municipais de Música de Xove, Ribadeo, Burela e Mondoñedo, así como do Centro de Música Fingoi de Lugo.

O programa da xornada, que vai discurrir ao longo de todo o día, é o seguinte:

-10:45 h.- Recepción de tódolos participantes na sede da Escola no antigo Colexio de Palmeiro.

-11:00 a 14:00 h.- Ensaios musicais na Escola de  Palmeiro

-14:30 h.- Xantar de tódolos participantes; se fai bó tempo farase na praia, e se chovese realizaríase nunha dependencia do Centro Cívico.

-17:00 a 18:30 h.- Ensaios musicais no Salón de Actos do Centro Cívico.

-19:00 h.- GRAN CONCERTO FINAL desta IVª Xornada de Convivencia Musical, no que van intervir tódolos participantes. No mesmo vanse interpretar pezas de Van der Meuler, Beethoven, Bartok, Pachelbel, etc. (ADXUNTO O PROGRAMA DESTE CONCERTO EN FORMATO PDF).

Rematado o Concerto, o Concello de Xove vaille ofrecer nas instalacións do Centro Cívico un ágape a tódolos integrantes desta Xornada.

14 de xuño de 2013 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.