Iniciadas as obras de humanización da praza de Longoseiros
O concello do Carballiño, a través do plan AGADER, procede nestes días a realizar a obra de recuperación e embelecemento da praza de Longoseiros, na que se inverterán un total de 18.460 euros.
O proxecto centrarase na execución da pavimentación de 105 metros cadrados mediante lastra de pedra granítica, así como a dotación de bancos e árbores para a humanización do espazo. Así mesmo colocarase un protector visual realizado en madeira para os colectores de lixo situados nesa zona.
O proxecto, desenvolvido polo arquitecto municipal, conta xa coa aprobación de patrimonio, conter esta zona varios hórreos catalogados, sobre os que non se vai actuar, máis ben todo o contrario, se vai protexer aínda máis, e se potenciará visualmente. O mesmo que o lavadoiro situado na mesma praza.
Está prevista que esta actuación en longoseiros estea finalizada nun prazo máximo dun mes.











