Inaugurada Xeira Consultoría co apoio da Oficina de Cooperativismo da Mancomunidade de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Inauguración da cooperativa

Inauguración da cooperativa

Esta mañá representantes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes brindaron pola inauguración oficial dunha nova cooperativa, nacida ao aveiro da Oficina de Promoción ao Cooperativismo.

Xeira consultoría é un dos proxectos que grazas o esforzo e iniciativa persoal unidos aos servizos prestados por dita oficina abre as súas portas para dar respostas e solucións en tres áreas distintas: medioambiental, agrícola e forestal; xurídica e de servicios á comunidade.  No primeiro caso apostan por unha comarca onde a agricultura e gandeiría supoñen unha das principais fontes de ingresos para centenares de familias dende hai xeneracións, e que hoxe máis ca nunca precisan dunha reestructuración profesional capaz de reducir custos e aumentar os seus beneficios. Neste sentido Xeira Consultoría tamén pretende facer unha forte aposta pola multifuncionalidade das zonas de monte, non só como recurso madereiro senón tamén como área productiva doutros bens e servizos.

No referente á actividade xurídica Xeira Consultoría preséntase, sobre todo, como unha alternativa ao sistema xurisdiccional tradicional, caracterizado pola súa dilatación no tempo unha vez que se emprende un proceso, ademais de polo elevado custo económico e emocional que supón a maioría das veces.  Incídese así na técnica da mediaciación para a resolución de problemas e conflictos, non só para particulares senón tamén no ámbito das admnistracións ou corporacións locais. Neste sentido tamén se lles brinda a posibilidade de recibir consello e asesoramento en distintos campos, como o de persoal, áreas de contratación, servizos públicos, etc para que poidan dar unha resposta efectiva á veciñanza.

A súa labor comunitaria vai orientada tanto aos máis novos e novas como aos maiores, levando a cabo proxectos relacionados co benestar social, proxectos de igualdade ou de ocio e tempo libre. “Con todo este conxunto de responsabilidades o que se pretende é incidir no recoñecemento e crecemento económico e social de toda a sociedade. Tamén se persegue o soño de poder desenvolver unha actividade profesional de calidade nun ámbito rural sen ter que plantexarse ter que abandoar unha comarca como a de Ordes”, tal e como manifestaron esta mañá as integrantes de dita cooperativa.

Pola súa  banda o presidente da Mancomunidade de Ordes, Manuel Regos, quixo felicitar ás tres integrantes desta nova iniciativa “pola súa valentía e por esta nova andaina coa que tamén se nos contaxia algo do voso optimismo”. Tanto o presidente como os demais membros da Mancomunidade tamén se interesaron polos seus proxectos e ideas novidosas que pretenden emprender. Entre elas mencionaron algúns dos traballos xa realizados na comarca, como cursos de xardinería e poda, desenvolvementos de proxectos coeducativos e de animación á lectura, ou as actividades de conciliación que se levarán a cabo próximamente a través de campamentos no Concello de Tordoia.

Entre os asistentes ao acto de inauguración figuraban o presidente da Mancomunidade de Ordes, Manuel Regos; os alcaldes de Trazo e Tordoian, José Dafonte e Antonio Pereiro; a concelleira de Servizos Sociais de Cerceda, María Viqueira; o concelleiro de Ensino de Cerceda, Manuel Ferreiro; o tenente alcalde de Tordoia, Amadeo Cancela, e a edil de Tordoia, Manuela González.

27 de xuño de 2013 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.