Inauguración das novas instalacións do Colexio Médico da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Inauguración das novas instalacións

Inauguración das novas instalacións

O alcalde, Carlos Negreira, asistiu esta mañá á inauguración das novas instalacións do Colexio Médico da Coruña. Durante o acto, o rexedor agradeceu o labor de ambos os dous colectivos na recuperación dun edificio tan emblemático da cidade, na liña das políticas de rehabilitación que está a levar a cabo o Goberno municipal. Tamén destacou a esixencia profesional deste sector e recordou a vinculación histórica da cidade co colectivo médico.

Respecto á exposición de Rafael Úbeda, que tamén se inaugurou esta mañá, Negreira quixo destacar a mentalidade aberta e receptiva que mostra a traxectoria do artista.

Por último, destacou que a cultura e a solidariedade sempre formarán parte do ADN dos médicos coruñeses, algo que se pon de manifesto nesta renovada sede social do colectivo; un punto de encontro, dixo, de intercambio de ideas e iniciativas.

1 de xuño de 2013 | 12:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.