Inauguración da exposición “MINGUaRTE” no Pazo da Cultura de Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarballoLocal
A-
A+

Mañá, xoves 13 de xuño, ás 20.30h, no 3º andar do Pazo da Cultura inaugúrase a exposición “MINGUaRTE”, exposición colectiva de artistas vinculados a Carballo que se ven celebrando dende hai uns anos con carácter anual durante a programación de San Xoán.

Ao acto acudirán: o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a Concelleira de Cultura, Mar Eirís, a Concelleira de Festas, Belén Lendoiro, membros da Comisión de Festas de San Xoán 2013 e os autores que compoñen dita mostra.

Este ano, os 24 artistas participantes decidiron adicar esta exposición a un tema tan en voga coma a crise. É unha mostra na que se revelan múltiples perspectivas acerca deste tema, convidando a reflexionar a través das obras, considerando a arte coma unha plataforma de construcción de discursos e ideas.

A mostra componse de 27 obras entre escultura, pintura, gravado e fotografía.

Autores: Antonio Reino, Antonio Taracido, Cristina Castro, Diana Molina, Chiña (Mª José Costa), Emilia Rodríguez de las Heras, Eva Facal, Fernando Mourón, Isa Fernández, Jacobo Veiga García, Juan A. Villar Casares, Lola Oviedo, Manuel Eirín Nemiña, Manuel Facal, Manuel Pazos, Milagros Cotelo Rama, Mon Lendoiro, Mónica Noya, Oti Fernández, O´Mighelo (Miguel Anxo Calvo Pose), Peter Kramer, Santiago Picos Díaz. No acto de inauguración realizarase unha performance a cargo de Alba Fernández e Conrado Dorado.

A exposición que está enmarcada na programación de San Xoán 2013 poderá visitarse ata o 31 de xullo de 17:00h a 20:30h.

12 de xuño de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.