Inauguración da Exposición de Traballos en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasLocal
A-
A+

Co remate do curso escolar, o Concello de Cabanas tamén vai finalizando as súas actividades municipais, tanto de rapaces como de adultos. O acto que porá o punto e final as mesmas terá lugar este próximo venres na Escola Laica de Cabanas, onde se procederá á inauguración de todos os traballos efectuados durante o curso.

O acto terá lugar ás 20:00 horas e a entrada ó mesmo será gratuíta. Quen desexe acudir a esta exposición de traballos tamén o poderá facer logo entre o 8 e o 14 de xuño, en horario de 10:30 a 13:30 horas de mañá e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde. Nesta exposición, como todos os anos, poderase apreciar o traballo realizado nas diferentes actividades municipais, salientando o esforzo e dedicación de todos os participantes que agora poden ver como as súas creacións son admiradas por todos.

6 de xuño de 2013 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.