II Xuntanza de Maiores no Centro Social de Malpica
Os concellos de Malpica de Bergantiños, Cesuras, Fisterra, Ponteceso e Val do Dubra celebrarán o próximo 27 de xuño, no Centro Social de Malpica a II Xuntanza de Maiores participantes nos programas de envellecemento activo financiados pola Deputación da Coruña.
Ao evento asistirán Zaira Rodríguez Pérez, deputada e presidenta da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña; o Alcalde de Malpica, Eduardo José Parga Veiga e a Concelleira de Servizos Sociais Mª Soledad Blanco Gorín, o Alcalde de Ponteceso, José Luís Fondo Aguiar e Óscar Manuel Rey Calo, 1º Teniente de Alcalde e Concelleiro de Cultura, Servizos Sociais, Educación e Normalización Lingüística; Marta Varela Purriños, traballadora social do Concello de Cesuras e Carmen Noya Iglesias, educadora social do Concello de Val do Dubra.
Os obxectivos principais da xornada son os de fomentar a convivencia intermunicipal e poñer en valor a participación social como un dos eixes fundamentais do desenvolvemento persoal das persoas maiores.
O evento, coordinado pola empresa SENES Desenvolvemento Comunitario, dará comezo ás 11.00 horas, coa chegada de todas as persoas participantes desde os seus concellos de orixe e comezará desenvolvendo diferentes actividades e dinámicas de presentación e cohesión grupal, para a continuación realizarse a presentación institucional da II Xuntanza de Maiores. Porá a ginda ao programa da mañá un espectáculo tradicional de regueifeiros. Tras a comida de romaría, celebrarase unha festa-baile con música en vivo, para proceder á clausura do evento arredor das 19.00 horas.
Esta xornada de convivencia, que nesta ocasión a acolle o Concello de Malpica, xa se desenvolveu con gran éxito no ano 2012, na anterior ocasión o concello anfitrión foi o de Val do Dubra.











