II Torneo de Pádel en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasDeportesLocal
A-
A+

Logo do éxito acadado no ano pasado, o Concello de Cabanas a través da súa Concellería de Cultura e Deportes ten pensado levar a cabo unha nova edición do seu Torneo de Padel, que se disputará nas pistas que o municipio ten na Área Recreativa e Deportiva da Veiga durante os fins de semana do 5,6 e 7 de xullo e do 12, 13 e 14 de xullo. O prazo para inscribirse neste II Torneo de Pádel rematará o próximo 26 de xuño.

Como o ano pasado, o torneo contará con tres categorías diferentes: masculina, femenina e mixta. A categoría de masculina estará dispoñible para participantes de segunda, terceira e cuarta categoría, mentres que a femenina e a mixta serán de cadro único. O prezo de inscrición para tomar parte será de 10 euros de inscribirse nunha soa categoría, e de 15 euros para os que o fagan en dúas.

A ficha de inscrición así como as bases deste II Torneo de Padel Concello de Cabanas poderán consultarse na páxina web do Concello, www.cabanas.es. As persoas interesadas en recadar máis información ou en formalizar a inscrición, poderano facer no Departamento de Cultura e Deporte de Cabanas ou ben chamando ó 981 49 59 59.

19 de xuño de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.