II Encontro Cultural na casa dos veciños de Leiloio, en Malpica de Bergantiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMalpica de Bergantiños
A-
A+

Mañá sábado, día 29 de xuño, celebraranse os II Encontros Culturais cun completo programa de actividades organizado pola AVV. de Leiloio que nesta ocasión contará coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación Provincial de A Coruña e a Fundación Eduardo Pondal.

As actividades comezarán ás 18.30 h. coa proxección-encontro “Os maiores e a lingua na parroquia de Leiloio” (Toponimia, cantigas, contos, lendas, refráns e outras tradicións).

A partir das 19.30 h. están previstas as actuacións do Grupo Mestura da A. C. Malante de Malpica, IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, o Grupo Farrapos do Fol de Neaño, as Pandereteiras de San Xulián de Seaia, a Banda de Gaitas de Leiloio, As Xeitosiñas de Leiloio e unha pequena exhibición de música e danza tradicional a cargo dos nenos/as da A. VV. De Leiloio.

O programa continuará cunha Gran Churrascada para rematar a festa bailando mentres o corpo aguante coa música de Sebas Rojo.

A ración de churrasco (Pan, viño, auga e café con gotas) terá un prezo de 8,00 €

28 de xuño de 2013 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.