II Curso de Iniciación á Apicultura Profesional
II CURSO DE INICIACIÓN Á APICULTURA PROFESIONAL, para pequenos e medianos abelleiros e para novos apicultores.
Datas: 15,16,22,23,29 e 30 de xuño
Horario: 9:30h. a 13:30h. e de 16:30h. a 20:30h.
Lugar: Salón de actos do Concello (Baixo do Concello)
Prezos do curso: 10€ por cada sábado
– Se estás no paro será de 5€ por cada sábado.
– Para alumn@s de centros oficiais será de 5€ o curso completo. Os que traian as notas con todo aprobado será gratuito o curso completo.
Programaranse as clases prácticas básicas dependendo da climatoloxía.
O programa será explicado por: Rosa Zorita (Socióloga e abelleira), Davide Castiñeiras (veterinario e abelleiro), Edgar Gómez (economista e abelleiro) e Román Cid (Abelleiro).
Organizan: Concello de A Bola e Asociación Apis Mellífera Ibérica
Información e inscripción chamando ó teléfono : 988 45 12 93 , 988 55 20 23 ou no email: apimeliber@yahoo.com
PROGRAMA
Sábado 15 de xuño
Determinar o tipo de explotación e instalar o apiario
O sector apícola, medio físico e flora apícola
– Evolución da apicultura
– Individuos da colmena
– Apicultura e Medio Ambiente
– Modelos de explotación
Acondicionamento e preparación do terreo para a instalación do apiario
– instalación
– Zona de pecoreo das abellas
– Necesidades básicas hídricas e alimenticias das colmenas.
– Medios, equipos, máquinas e ferramentas utilizados para o acondicionamento e preparación do terreo. Equipos de protección individual (EPI’s)
Domingo 16 de xuño
Introdución á cría de nais. Técnica do Método de Cloake
Sábado 22 de xuño
Operacións de manexo do apiario
Alimentación de colmeas
– Necesidades fisiolóxicas das abellas
– Alimentación de mantemento e estimulación
– Produtos e técnicas de aplicación
– Evolución da colonia e resultados da alimentación
Multiplicación do apiario
– Enxameazón natural e artificial
– Criterios de selección de nais
– Técnicas e procedementos de división de enxames
– Técnicas e procedementos de renovación de nais
Mantemento do apiario
– Calendario apícola
– Ventaxas e inconvintes dos distintos tipos de colmeas
– Afumado de colmeas
– Métodos e técnicas de mantemeno
– Preparación de enxames para a invernada
– Mantemento do entorno do apiario
Domingo 23 de xuño, (de 10:00h. a 12:30h.)
Cría de nais
Sábado 29 de xuño
Traballos sanitarios do apiario
– Defensa sanitaria
– Enfermidades da cría
– Enfermidades da abella adulta
– Enemigos dos enxames
– Sintomatoloxía
– Protocolo de recollida de mostras
– Medidas profilácticas e de control
– Sanidade preventiva
Economía apícola
– Proxectos de instalación de producción, de selección e cría.
– Explotacións apícolas de polinización ou ben mixtas
– Empresas de envasado e/ou comercialización de produtos apícolas
– Empresas comercializadoras de produtos empregados na apicultura
– Recursos financieiros
Obtención e acondicionamento dos produtos das colmeas
– Obtención e acondicionamento dos produtos apícolas
– Operacións de evasado e almacenamento de mel, pole, propóleos e xalea real
Domingo 30 de xuño (de 10:00h a 12:30 h.)
Cría de nais