Graham Summer ofrecerá un repertorio de música contemporánea dentro do ciclo “As noites en capela” no Jofre de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A programación de concertos do ciclo “As Noites en Capela”, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, continúa mañá coa actuación de Graham Summer, que inundará a antiga capela do Centro Torrente Ballester coa súa música contemporánea. O concerto dará comezo ás 21:00 horas e as entradas poden adquirirse de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web oficial do Concello: www.ferrol.es.

Natural de Nigrán (Pontevedra), Graham Summer bebe das raíces máis profundas da música contemporánea. O seu estilo íntimo e persoal representa unha volta ao espírito creativo baseado nas cousas sinxelas, propio de épocas pasadas. O proxecto musical iniciase no ano 2006, baixo a austeridade da posta en escena (guitarra acústica e voz), o directo de Graham esconde a forza e a contundencia da música que reborda honestidade. No repertorio mestúranse temas clásicos de mitos musicais como Johnny Cash, Bob Dylan ou Hank Williams, con composicións propias.

19 de xuño de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.