Goián acolle o sábado 8 de xuño o campionato galego de equipos de kick-boxing
O Pavillón Polideportivo de Goián (Tomiño), acollerá o vindeiro sábado, 8 de xuño, o Campionato Galego por Equipos de Kick-Boxing Amateur, organizado por el deportista de esta modalidade e veciño de Goián, Carlos López Pereira, coa colaboración do Concello de Tomiño e varias casas comerciais.
A organización espera contar con medio centenar de deportistas federados de toda Galicia. O ano pasado, a mesma proba celebrouse con grande éxito no concello de O Rosal, e esta é a primeira vez que se realiza en Tomiño.
O campionato disputarase en dúas fases: semifinais, que comezarán ás 17.00 horas, e final, a partir das 22.00 horas.











