Fouces visita ás persoas que participan no Curso de alfabetización
A concelleira Carmen Fouces visita mañá, ás 10.30 horas, na Casazul, ás 6 persoas que están a participar no Curso de alfabetización que desenvolve a Casazul a través da Concellaría de Benestar Social Municipal. Estas persoas presentaranse este sábado, 22 de xuño, ás probas que convoca o Instituto Galego de Cualificacións en Silleda para obter as acreditacións en competencia clave.
As competencia clave son niveis básicos de formación en lectoescritura e cálculo para as persoas que nas súas etapas de escolarización non
acadaron os niveis mínimos.
A concelleira quere darlles ánimos de cara a esta proba tan importante para eles, e ao tempo animalos por participar nunha experiencia como esta que redunda no seu propio beneficio abríndolle máis posibilidades en todos os eidos da vida.











