Fin de semana frenético na vila de Xinzo
Cromos, concerto, baloncesto, ximnasia, carreiras,… Un sin fin de eventos esta fin de semana en Xinzo de Limia.
O venres ás 16.30h terá lugar no pavillón de deportes o sorteo da X-BOX para todos aqueles que conseguiron completar o álbun de cromos. Unha iniciativa de enorme éxito, xa que se conseguiron vender máis de cen mil.
O mesmo día ás 20.00h temos o concerto de fin de curso dos alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional Municipal do Concello de Xinzo.
Un ano máis as futuras e futuros grandes músicos da Limia e concellos limítrofes, demostrarán as súas cualidades e aprendizaxes adquiridos durante este curso.
Un conservatorio que xa deixou atrás aqueles rumores de peche do curso pasado e que, segundo o Concelleiro Luis Miguel Gil, contamos co mellor conservatorio das vilas ourensás e conseguíuse un aforro para as arcas municipais duns 100.000€ neste último curso, polo cal teremos conservatorio profesional por moito tempo.
Xa o sábado dende as 10.00h no pavillón comeza o III Torneo de mini “VILAS DE OURENSE”. Clubes como Muebles Victoria Barco, E.D.M Maceda, Xuventude Verín e A.B Xinzo competirán cos seus equipos de minibasquet ata as 16.00h.
Sábado Ás 18.00h na Praza de San Roque as ximnastas do clube E.D. Concello de Xinzo farán unha exhibición dos bailes e coreografías; algunhas das cales conseguiron dous subcampionatos provinciais.
E para rematar dende as 20.15h comenzarán as probas da IX Carreira Popular Nocturna. Atletas de todas as idades, de toda Galicia, correrán polas rúas da vila de Xinzo. Un evento mítico no calendario atlético galego.
Como remate, o domingo as 18.00h, o clube de baloncesto A.B Xinzo terá para os seus siareiros, socios, colaboradores e xogadores, unha festa como remate da tempada 2012/2013. Música, merenda e fotos no pavillón municipal.
Esto, combinado coas piscinas exteriores que xa están abertas, fan que esta fin de semana, en Xinzo, o aburrimento está prohibido.
A concelleira de Comunicación e o Concelleiro de Deportes animan a tod@s a participar nestes eventos.