Fin de semana con teatro, andainas e ruta cabalar en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVedra
A-
A+

Venres, 28 de xuño

Ás 20.30 h na Casa de Cultura de San Xián de Sales (VEDRA)

actuación do Mago Richard

… e ademais

O grupo de teatro xuvenil de Boqueixón representará a obra  “A porta do tempo”

Sábado, 29 de xuño

III Andaina  da Asoc. “UNION e PROGRESO” Ruta do Pereiro

A Asoc. Unión e Progreso de San Xián organiza a terceira  andaina  da  parroquia de San Xián. Nesta edición parte do percorrido discorrerá pola Ruta do Pereiro.

HORA: 16:30 h.

SAÍDA: Campo da festa de San Xián de Sales

Domingo, 30 de xuño

A Asociación Cabaleiros Río Pereiro de San Fins de Sales organiza unha nova Ruta Cabalar que conta co seguinte programa:

– Saída da Ruta Cabalar ás 10:30 horas dende “O Souto” con varias paradas polo percorrido para repoñer forzas!!

– Comida ás 14:00 horas

Recollida de entradas ata o 27 de xuño no Fogar do avó ou contactando nos teléfonos 605 546 342 (Álvaro) e 606 146 606 (Aldrey).

27 de xuño de 2013 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.