Festa en Torroso, no Concello de Mos, do Equipo de Rallys JRT Competición
Mañá, sábado día 22 de xuño, celebrarase no torreiro de festas de San Mamede de Torroso, a Festa do Equipo de Rallys JRT Competición.
A festa dará comezo as 22:30 horas e contatá con exposición de coches de rally, motos de circuítos, carrilanas, Scalextric, etc. Ás 00:00 horas empezará a súa sesión en cabina o D.J. André Vázquez de Groove Amigos.
O equipo mosense que empezará este ano o seus plans deportivos no próximo Rally Sur do Condado, quere agradecer a todos os seus patrocinadores, colaboradores, amigos e familiares o seu apoio nestes tempos de crise, para poder estar na saída desta proba.











