Ferrol patrocina o campionato galego absoluto de esgrima que se celebrará no polideportivo de Esteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesDeportes PortadaFerrolLocal
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá o Campionato Galego Absoluto de Esgrima que se celebrará este domingo, dia 30, no Polideportivo de Esteiro. A edil estivo acompañada por José Vigo, presidente do Club Ferrolán de Esgrima 3 Armas, equipo que organiza esta proba en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, e do tirador do club ferrolán, Carlos Combarro.

A competición, en horario de mañá e tarde, desenvolverase na modalidade de Esgrima moderna que consta de tres variedades olímpicas que son a espada, florete e sabre, tanto en categoría masculina como feminina. Máis de 100 deportistas, entres os que se atopan actuais medallistas nacionais, participarán neste evento deportivo. A edil de Deportes quixo agradece ao club de esgrima ferrolán o seu traballo ao longo do ano e desexoulles o mellor para este campionato “que vai ser todo un éxito”.

Pola súa banda, o presidente do Club Ferrolán de Esgrima 3 Armas quixo agradecer a colaboración que dende o Concello de Ferrol “polo apoio que nos veñen prestando”. Ademais, informou de que a proba contará coa campiona e supbcampiona de España de florete feminino pertencentes ao Club Olivo.

28 de xuño de 2013 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.