publicidade hoxe

Feira de Castrelo de Miño dedicada á “Saúde de Ouro”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCastrelo de MiñoLocal
A-
A+

O Concello de Castrelo de Miño organiza o 30 de xuño, último domingo de mes a habitual Feira de Castrelo no entorno do Parque Náutico.

Contarase coa presencia de persoal sanitario e voluntario da Cruz Vermella do Ribeiro con formación sanitaria que realizaran talleres para aprender a realizar a Reanimación Cardiopulmonar (RCP). Contaremos tamén coa presenza dunha ambulancia e explicación do seu funcionamento e do transporte sanitario urxente. A todos os visitantes que o desexen realizaráselles medicións da Tensión Arterial e da Glucosa. Haberá tamén un reparto de folletos de prevención de accidentes domésticos, de prevención de enfermidades de transmisión sexual e prevención de como coidarse ante as altas temperaturas da época estival.

E como xa é habitual no recinto feiral haberá:

– Máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e  hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de  alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega…)

– 25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño.

– Festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais.

28 de xuño de 2013 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.