publicidade hoxe

Feira Artesanal na Carballeira das Ermitas, no Concello da Lama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaCalendarioLocal
A-
A+

O 23 de xuño celébrase unha feira artesanal na Carballeira das Ermitas.

Estarán á disposición do público produtos artesáns da Asociación de Artesanos Marinenses.

Ademais de poder mercar produtos artesáns de alta calidade, a Asociación de Artesanos Marinenses levará a cabo unha recollida de alimentos solidaria, por cada quilo ou litro de alimento que cada persoa doe daráselle unha rifa e ao final do día sortearanse produtos artesáns.

Estes alimentos doaranse aos Servizos Sociais do Concello da Lama e a  Cáritas para repartir despois entre as persoas máis necesitadas.

O Concello da Lama apoia a proposta solidaria desta asociaicón e convida a todos os veciños e veciñas a achegarse ás Ermitas a gozar do evento.

20 de xuño de 2013 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.