publicidade hoxe

Exposición de artes plásticas (Xuventude Crea 2012) no Espazo Xove de Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocalXuventude
A-
A+

O Espazo Xove de Curtis (Estrada Estación, s/n) acolle a exposición dos traballos premiados na modalidade de artes plásticas (pintura, escultura e fotografía) do certame de creadores novos Xuventude Crea 2012, iniciativa enmarcada no Circuíto de Creatividade 2013,  posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.

Todos/as os/as interesados/as poderán coñecer de primeira man os traballos premiados ata o 1 de xullo, en horario de tarde.

 Os premiados que exporán os seus traballos son:

 1º premio (compartido):

 Andrea Valado Díaz, coa obra “Serie reminding” (fotografía)

Tania Pérez Arribas, coa obra “Domino Vs Dómina” (escultura)

 2º premio (compartido):

 Aida Rodriguez Donoso, coa obra “Sete ollos ven máis ca dous” (pintura)

Jacobo Lorenzo Nespereira, coa obra “Ferido” (pintura)

 3º premio (compartido):

 Joan Morera Arbones, coa obra “Visións da paisaxe III” (pintura)

Lis María García Calvo, coa obra “Aurora” (pintura)

 Esta exposición é itinerante e nos vindeiros meses estará no espazo Xove de Betanzos (xullo), Noia (agosto), Chantada (setembro) e Tui (outubro).

14 de xuño de 2013 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.