Éxito do club de bolos Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+

   Este pasado fin de semana o Club de Bolos Xove proclamouse CAMPIÓN DA LIGA PROVINCIAL DE BOLOS, a cal foi disputada por 7 clubs da nosa Provincia.  Por detrais quedaron, e nesta orde, o Club de Bolos Cruceiro de Meilán e o Club de Bolos Ribatra. A victoria do noso Club foi incontestable, xa que nos impuxemos en todas e cada unha das  tiradas disputadas, sendo a primeira vez na historia desta Liga que un club gaña en tódolos campos.

No Campionato Provincial non se xoga a unha modalidade de bolos, senón que en cada sede de cada un dos 7 clubs participantes xógase a modalidade desa zona, dahí a complicación desta Liga, onde os xogadores/as teñen que dominar tódalas modalidades practicadas na Provincia. En cada modalidade os bolos, as bolas e as normas son diferentes, dahí que os xogadores/as teñañ que coñecelas  e dominalas todas.

O deporte dos bolos, nos que Xove e pioneiro xa que disfruta dunha liga que vai cumprir o seu vixésimoquinto aniversario, está tendo un gran auxe na nosa Provincia, onde cada vez son máis os clubs participantes, e tamén as modalidades recuperadas deste deporte popular. A Liga Provincial está a xogar un importante papel nesta recuperación, e esperamos que en anos vindeiros sexan máis os clubs que se sumen a esta competición.

Ademáis deste importantísimo éxito, que coroa ao noso Club coma o mellor da Provincia, tamén tivemos importantes éxitos a nivel individual. En categoría absoluta, o noso xogador Arturo Vigo quedou subcampión da categoría por detrais de Moisés Salgado do Club Cruceiro de Meilán. En categoría feminina  a nosa representante Belén Meitín tamén acabou segunda, por detrais de María Belén Gavín do Cruceiro de Meilán. E xa en categoría de veteranos, tamén acadamos o subcampionato con José Baño, por detrais de Cándido Rodríguez do Ribatra.

Para rematar, decir que a victoria na Liga Provincial clasifica ao noso Club para disputar o Campeonato de España que se vai disputar a finais de xuño e do cal informaremos máis adiante.

7 de xuño de 2013 | 10:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.