Éxito da Escola Municipal de X. Rítmica de Xove nos campionato galegos de promoción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalXove
A-
A+
Equipo senior de Xove

Equipo senior de Xove

O pasado sábado 15 de xuño celebrouse en Ourense o Campionato Galego de Promoción, no cal o noso equipo senior acadou o 3º posto no podium, por detrais do Club Ximnasia Coruña (1º) e o Club Arousa de Pontevedra (2º), cun exercizo mixto de aros e pelotas. Trátase dun gran éxito deportivo, xa que é a única escola municipal que compite en Galicia a este nivel.

O equipo que conseguiu este meritorio 3º posto está formado por: Pilar Vázquez, Lucía Fernández, Noela Bouza, Alba Balseiro, Javiera Duarte e Alba Rodríguez.

Este mesmo equipo proclamouse subcampión galego en categoría cadete a nivel escolar; este ano o tiñan moi complicado, xa que subiron de categoría (de cadete a senior) e de nivel (de escolar a promoción), e así e todo, conseguiron un gran resultado, co que festexar o XXº aniversario da fundación da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica.

20 de xuño de 2013 | 10:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.