publicidade hoxe

Excursión a Allariz e Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+
Participantes na excursión

Participantes na excursión

Organizada pola Concellería de servizos sociais e igualdade, o pasado 14 de xuño 51 veciños/as de Dodro desfrutaron da excursión de fin de curso dos Talleres de Memoria e Alfabetización municipais, acompañados de 2 monitoras do Concello.

A primeira parada fixerona en Vilanova dos Infantes onde o párroco gustosamente lles mostrou a Virxe do Cristal. A continuación visitaron Celanova, o impresionante monasterio de San Salvador, a capela de San Martín, o claustro barroco, a biblioteca e a fundación Curros Enríquez.

Pola tarde, desfrutaron dos encantos da vila de Allaríz, paseando polo casco antigo, (declarado Conxunto Histórico Artístico) e deleitándose co festival internacional dos xardíns á beira do río Arnoia.

19 de xuño de 2013 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.