Estudantes nedenses liberan por aire os seus douscentos títulos literarios favoritos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaNeda
A-
A+

Estudantes dos colexios públicos Maciñeira e San Isidro de Neda foron os encargados de completar o proxecto municipal de animación á lectura “Bookcrossing: liberando libros por terra, mar e aire”. Fixéronno a pasada semana, liberando no ceo da localidade preto de douscentos títulos, os favoritos dos 90 alumnos de entre 8 e 12 anos que participaron na iniciativa. A actividade estivo guiada polo bibliotecario, Manuel Grueiro, e a animadora sociocultural Natividad Villaamil.

Nesta ocasión, os estudantes soltaron globos que portaban fichas elaboradas por eles mesmos co primeiro párrafo do libo seleccionado, o seu título e autor, así como o nome do neno e a dirección do centro educativo. A intención era que a persoa que atope esa ficha responda á iniciativa explicando onde e cando a atopou e, a maiores, acuda á Biblioteca Municipal de Neda e se anime a ler o citado libro.

Un novidoso programa impulsado polo Concello e que hai escasas datas recibía o recoñece-mento do Ministerio de Cultura a través dunha distinción nos Premios María Moliner de animación á lectura.

18 de xuño de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.