Este sábado clausúrase o VIII Campionato Fútbol 8 Concello de Ordes cos encontros entre prebenxamíns e biberóns
O Concello de Ordes acollerá este vindeiro sábado a segunda xornada de encontros do VIII Campionato Fútbol 8 Concello de Ordes. Unha convocatoria que nesta ocasión corresponde ás categoría prebenxamín e biberón e nas que participarán un total de 24 alineacións no primeiro caso e de 6 nos máis pequenos. Os encontros disputaranse na Cidade Deportiva Vista Alegre nun horario que vai de 9.30 h a 13.30 h e de 16 h a 20.30 h.
Xa o pasado 25 de maio tiveron lugar os primeiros encontros deste mesmo torneo, nos que os equipos Luis Calvo e Once Caballero resultaron vencedores das categorías benxamín e alevín, respectivamente.











