Escolares da India responden ao intercambio de cartas, debuxos e vídeos de nenos e nenas tomiñeses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaTomiño
A-
A+
Cartas, debuxos e fotografías recibidas

Cartas, debuxos e fotografías recibidas

Dentro do proxecto intercultural e de cooperación impulsado polo Concello de Tomiño a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), coa ONG “WeCan Kindersley” (www.wecanworld.org) de Jaipur (India), vén de completarse o intercambio de cartas, debuxos, fotografías e vídeos entre nenos e nenas do país asiático e outros de Tomiño.

A iniciativa é coordinada polas dúas voluntarias europeas que están colaborando coa OMIX no marco do programa do Servizo de Voluntariado Europeo, Iwona Domaszczynska e Marín Vomm, que montaron unha exposición cos traballos recibidos de India e que poden verse a partir de hoxe (25 de xuño) nos locais da OMIX (Campo da Feira, s/n).

As ideas plasmadas nos traballos tentan dar a coñecer as tradicións, costumes, idioma, etc. da rexión. Destacan traballos pola súa orixinalidade, vivo colorido e alegría nas caras dos nenos e nenas nas fotos enviadas a través da ONG “WeCan Kindersley” que traballa  en Jaipur (Rajasthan, India) con poboación infantil en programas de educación.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou a importancia de “dar a coñecer a nosa cultura, descubrir as doutros países, e ao mesmo tempo crear lazos entre os nosos nenos e nenas e os doutros continentes, nun mundo no que a globalización é cada vez maior”.

25 de xuño de 2013 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.