Escola de verán CM Hokey Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolLocal
A-
A+

O club departamental, en colaboración co Concello, organizará do 15 de xullo ao 1 de agosto, a terceira edición de escola de verán de hóckey a patíns, destinada a nenos e nenas de entre catro e oito anos que queiran iniciarse neste deporte. A actividade desenvolverase os luns, mércores e venres en horario de 11.00 a 13.00 horas, no pavillón do colexio Compañía de María de Ferrol (entrada por rúa Españoleto). Non é necesario saber patinar para tomar parte nas xornadas, cuxa matrícula ten un custo de 20 euros.

28 de xuño de 2013 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.