Entrega dos trofeos do Campionato de Tute Concello de Ares, no que participaron doce parellas
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, foron os encargados de entregar os trofeos ás parellas gañadoras do Campionato de Tute Concello de Ares, que se desenvolve cada ano e se ten convertida nunha tradición para os maiores do municipio. Nesta ocasión, nesta actividade participaron unha ducia de parellas, resultando gañadores a formada por Eduardo Gómez e Fina Ogando. En segundo lugar quedaron Manola Fernández e Margarita Silva, e de terceiros Luciano Candal e Pepe Peña.
O acto desenvolveuse na tarde de onte no Centro de Maiores da vila e, ademais de entrega de premios, os maiores que asistiron poideron disfrutar dunha merenda.











