Entrega diplomas da aula de informática para maiores Cemit en Boiro

Entrega de diplomas
Dentro do proxecto de achegamento as novas tecnoloxías para maiores que busca reducir a fenda dixital en Galicia.
Ao longo do ano 2013 impartironse na Aula CeMIT de Boiro 71 actividades formativas, con un total de 686 horas de formación, e un número de visitas superior as 6000, onde os/as usuarios acudiron a formarse ou a utilizar a aula de xeito libre. Destes datos xerais hoxe realizouse unha homenaxe aos maiores destas actividades persoas que superan os 65 anos.
Os participantes nas clases de novas tecnoloxías para maiores están divididos en 4 grupos por nivel de coñecemento, asisten a clases durante os meses de outubro ata xuño,un día á semana en horario de tarde entre as 16 e as 19 horas. Os/as usuarios dos luns son os principiantes e despois os de Martes Mércores e Xoves son máis avanzados, a formación que reciben está divida en módulos de 1 mes ou mes e medio, en eses módulos impartense diversos contidos, como por exemplo manexo de cámara dixital, edición e montaxe de video, retoque fotográfico, redes sociais como facebook, buscas por internet, correo electrónico, Ofimática e outros. Este ano tivemos 48 participantes nesta actividade formativa, e esperamos poder ampliar para o ano pola demanda de xente maior interesada.











