Entrega de premios VI concurso de tapas de Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal
A-
A+

O venres ás 5 da tarde no Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene decidiranse e  entregaranse os premios doVI CONCURSO DE TAPAS  con estos criterios:

TAPA POPULAR:

Este premio o decidiu  o público para o que se elaborarou un folleto chamado FENERRUTA coa que o cliente pudo percorrer tódolos establecementos participantes e ir selando aqueles que visitaba e nos que degustaba a tapa do concurso.

Aquel cliente que degustou tódolas tapas participantes no concurso tivo a posibilidade de votar pola que considerou a mellor tapa, e entrar no sorteo de premios que se celebrará este VENRES. Só foi válida a FENERRUTA selada por tódolos establecementos participantes no concurso.

TAPA TRADICIONAL e TAPA CREATIVA:

Un xurado de recoñecido prestixio degustou as tapas participantes e emitirá o seu voto por cada unha nunha deliberación que se fará as 4 da tarde deste VENRES  xusto antes da entrega de premios  para garantir a sorpresa.

Os integrantes do xurado encargaranse de seleccionar o VENRES as mellores tapas nas modalidades, tapa tradicional e tapa creativa.

Premios para os clientes:

– Entre todos os votantes que selaron  toda a FENERRUTA, sortearanse O VENRES os seguintes premios:

Unha VIAXE de venres a domingo a LONDRES (A.D.) ou a MALLORCA (P.C.) para dúas persoas. Datas a elixir, excepto en xullo, agosto e festivos. Premio por cortesía de Axencia de Viaxes Volaria Fene.

Dous CURSOS DE MANEXO DE EMBARCACIÓNS, por cortesía de Escola de Formación Náutica Aldebaran. (Tasas administrativas non incluídas). Datas a convir.

MATERIAL DEPORTIVO, por cortesía de Deportes Mas Sport.

– Todas aquelas tarxetas cumprimentadas polos clientes nos propios establecementos entrarán no sorteo que tamén se celebrará este VENRES de:

10 bonos de 20 euros cada un para consumir en establecementos adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”. Premios por xentileza da Asociación de CHS de Fene “O Cruceiro”.      

Unha batidora de vaso por cortesía de Electro Agro Fene.

Productos de perfumería, por cortesía de Marta Ameneiro Perfumería.

19 de xuño de 2013 | 22:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.