Entrega de premios e clausura da Liga Metropolitana no Pazo de Mos

Entrega de premios
Esta tarde celebrarase a cerimonia de entrega de premios e clausura das liga de fútbol sala e fútbol 7 da Liga Metropolitana, que terá lugar ás 21,00 horas no Pazo de Mos. Durante o acto entregaranse máis de 100 premios e contarase coa asistencia de preto de 200 personas entre público e xogadores. Tamén estarán presentes as seguintes autoridades: Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, segundo tenente alcalde do Concello de Mos, Isidoro Taboas, concelleiro de Deportes de Mos, Marta Iglesias, deputada provincial, Nelson Santos, alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, concelleiro de Deportes do Porriño, Jesús Crespo, concelleiro de Deportes de Redondela e María Jesús Martíns, concelleira de Deportes de Baiona.
A Liga Metropolitana comezou a celebrarse no ano 2009 con 14 equipos e 150 xogadores de fútbol sala no Concello de Mos. Os primeiros equipos eran de Mos, Porriño, Vigo e Redondela. Os pavillóns onde se xogaba a competición eran, Óscar Pereiro, Sanguiñeda e Pena de Francia. Utilizáronse outros pavillóns como Marcote e Universidade de Vigo. O primeiro colectivo arbitral estaba composto por 5 colexiados.
A día de hoxe a Liga Metropolitana ten preto de 200 equipos e máis de 2.000 xogadores de fútbol sala e fútbol 7. Os equipos de fútbol sala son de Arbo, Ponteareas; Salvaterra; Mondariz, Redondela; Porriño; Fornelos de Montes, Baiona, Vigo, pero a gran maioría de Mos.
Os pavillóns que se utilizan son do Concello de Mos, os antes mencionados e o novo de Castro-Mos, tamén se utilizan os seguintes: Arbo, Salvaterra; Os Salgueiros, Cabeiro, Coruxo, e Baiona. En fútbol 7, onde o crecemento é superior ao fútbol sala en número de equipos, as instalacións son: Parderrubias en Caselas, Atios, Pontellas e Lourambal en Porriño, Cotogrande, Beade, Candeán, Matamá, e Sárdoma de Vigo, ademais de Cuvi e Mercantil en Mos.
Nestes momentos tamén hai unha liga de fútbol 7 feminina, única en Galicia con 16 equipos das seguintes zonas: Oia, Roseira; Caselas; Porriño; Budiño, Atios, Picoña, Mos, Mondariz, Arcade, Soutomaior, Pazos de Borben, Candeán e Vigo. Esta competición esta patrocinada dende o inicio da mesma por Coca-Cola, e este ano o patrocinio foi compartido con La Caixa.











