Entrega de diplomas do curso de Panadaría e Repostaría do programa ‘Pensa en ti’ da Deputación de Pontevedra

Entrega de diplomas
Fernando Guitián, alcalde de Gondomar, acompañado de Patricia Durán, concelleira de Igualdade, fixo entrega, o pasado martes, dos diplomas acreditativos do curso de Panadaría e Repostaría a veciñ@s de Borreiros.
O curso, de 30 horas de duración, tivo lugar os mércores dende o 19 de setembro ata o 21 de novembro do pasado ano, en horario de 19.00 a 22.00 horas.
Programa ‘Pensa en ti’
A actividade forma parte do programa ‘Pensa en ti’ da Deputación de Pontevedra, dirixido a Asociacións de mulleres e homes da provincia.
Este programa de carácter social ten como obxecto posibilitar o acceso dos participantes ás diferentes actividades nas áreas que lle permitan o seu desenvolvemento individual e grupal, promover novos campos de interese e traballo creativo, así como en xeral promover, fomentar e mellorar a situación dos participantes.











