Enrique Salvador presenta a nova web do Concello que facilita o acceso cidadán á información e os programas ambientais
O concelleiro de Medio, Enrique Salvador, presentou a nova páxina web do seu departamento municipal (www.coruna.es/medioambiente) dentro dos actos de celebración do Día Mundial do Medio, que teñen lugar hoxe, mércores 5 de xuño, e que nace co obxectivo de concienciar o cidadán sobre a necesidade de contar cun mundo máis sostible.
“O portal pretende ofrecer con total transparencia a actividade municipal en materia ambiental, posibilitando á cidadanía un acceso libre a unha información ambiental de calidade”, explicou Enrique Salvador, quen destacou que o Concello traballa para que o medio sexa para o use e desfrute de todos os cidadáns, que á súa vez colaboran no seu respecto e conservación. O concelleiro defendeu que a nova páxina web de Medio supón achegar a administración aos cidadáns e facelos máis partícipes das decisións que se adoptan dende María Pita.
O concelleiro de Medio sinalou que o coñecido como convenio de Aarhus, do 25 de xuño de 1998 e recollido no ordenamento xurídico español, establece que, para que os cidadáns poidan gozar dun medio axeitado e saudable e cumprir con deber de respectalo, deben ter acceso á información ambiental relevante, estar lexitimados para participar nos procesos de toma de decisións de carácter ambiental e ter acceso á xustiza.
Traballamos para poñer a disposición dos cidadáns as ferramentas necesarias para crear un medio axeitado como achega dende a escala local e así contribuír á construción dun mundo máis sostible. Por este motivo, puxemos en marcha este novo portal web á altura das grandes urbes”, sinalou o responsable municipal. Este novo portal supón melloras considerables respecto ao existente:
– A nivel funcional, a diferenza da anterior web, o portal é totalmente configurable, permitindo a súa renovación absoluta de forma moi sinxela, tanto en contidos coma en estrutura, sendo posible desta forma unha gradual adaptación ás necesidades dos usuarios e ás súas preferencias de busca. Ademais, o portal conta cunha aplicación para teléfonos móbiles.
– A nivel de contidos, incorporáronse multitude de vídeos multimedia que resumen a filosofía de traballo da área a xeito de pequenos anuncios que poden ser difundidos a través das redes sociais e doutros medios, como as canles de Vimeo e Youtube. Ademais, incrementouse o número de publicacións e incluíuse unha zona de descargas na que se poden encontrar dende documentos divulgativos ata outros de carácter máis técnico, que complementan e desenvolven os contidos da propia web, que tamén se ampliaron de forma substancial, estruturándose de xeito diferente. Tamén se agruparon os contidos de carácter transversal, como as certificacións ISO 14001, ISO 9001, ISO 50001 ou a Axenda 21 Local, que se encontran, no mesmo grupo de contido.
– A nova web inclúe información dos diferentes sectores ambientais, como os residuos, a biodiversidade das augas ou a calidade ambiental, con contidos que se irán ampliando constantemente. No caso da calidade ambiental, que inclúe os vectores aire, ruído, emisións radioeléctricas, meteoroloxía e olores, encóntrase unha das grandes novidades e avances tecnolóxicos da web. “Este apartado é en si mesmo unha web diferente, na que podemos encontrar datos en tempo real das diferentes redes de vixilancia: calidade do aire, ruído, meteoroloxía e emisións radioeléctricas presentadas para diferentes perfís de usuarios; dende un índice de calidade do aire entendible por calquera persoa sen coñecementos (calidade boa, admisible, mala e moi mala) ata datos numéricos e gráficas para perfís máis expertos”, explicou Salvador.
– Outra novidade encóntrase na posta en servizo dun sistema de predición da contaminación atmosférica, de maneira que a información sobre o estado da atmosfera poderá encontrarse tanto en valores medidos coma en valores previstos. Esta predición preséntase en máximo para o día e en valores para as próximas 48 horas. “Trátase dun sistema co que contan moi poucas cidades en España”, sinalou o concelleiro.
– A esta información en tempo real súmase outra información en formato SIG (Sistema de Información Xeográfica) que presenta os datos mediante mapas. Os usuarios do portal poderán encontrar, baixo este formato, o mapa de ruído, os inventarios de emisións atmosféricas, o mapa lumínico e as caracterizacións de emisións radioeléctricas. Toda a información está dispoñible para a súa descarga en formato PDF.
O concelleiro de Medio tamén explicou que o portal mantén un apartado destinado á educación e a comunicación ambiental que toma un peso especial nesta web, xunto cos servizos ao cidadán de trámites, normativa ou descargas de documentos. Ademais, mantivéronse con carácter diferenciado, a xeito de microsites, as web da Rede de Enerxía Sostible e de adopción de animais domésticos, para manter a súa identidade propia, aínda que con idéntico deseño ao portal e integradas no mesmo xestor de contidos. A web de compartir coche adaptouse ao novo deseño, aínda que neste caso se trata dun servizo de xestión externa.
ACTIVIDADES POLO DÍA DO MEDIO
Enrique Salvador explicou que, con motivo do Día do Medio, que se conmemora hoxe, mércores 5 de xuño, tamén se están a celebrar na Casa da Auga actividades para concienciar os máis pequenos sobre a importancia da sostibilidade e da loita contra o cambio climático.
Un total de 300 alumnos achegaranse durante tres días -dende onte e ata mañá- ás actividades programadas na Casa da Auga. Son estudantes de 4º, 5º e 6º de Primaria, que participarán por quendas entre as 09.30 e as 13.30 horas. O concelleiro de Medio destacou que se organizaron dous tipos diferenciados de actividades:
– Coruña Sostenible! Os alumnos utilizarán unha ortofoto xigante da cidade. Divídese os participantes en 3 grupos e a cada un formúlanselle preguntas referidas a lugares de interese ambiental na Coruña. Cada pregunta que acerten vale un punto, e para gañar os puntos deberán buscar na foto aérea da Coruña a peza na que se encontra o lugar ao que se refire a pregunta e levársea ao monitor. Logo, tras reflexionar con el acerca de en que consiste esa achega da cidade á sostibilidade, deben volver colocar a súa peza correspondente no seu sitio.
– Representamos o Cambio Climático. Cada un dos participantes converterase nun elemento relacionado co cambio climático: unha nube, unha cheminea, un automóbil, un farol, un aerogenerador…Tras elixir cada un o seu, coloréano e, a continuación, dirixidos polo monitor, recrean as causas do cambio climático, coñecen os seus efectos e as solucións que se están a formular e adopta para encarar este problema tanto a nivel global coma dende a cidade da Coruña. Por último, explícaselles aos nenos o papel que cada persoa, pequenos e maiores, xoga para lograr un futuro climaticamente máis sostible.











