publicidade hoxe

Diversos grupos folclóricos do plan cultural da Deputación participarán nas festas patronais de Tenoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal
A-
A+

O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, acompañado pola comisión de festas de San Pedro de Tenorio que preside Secundino Pichel, mantivo hoxe unha xuntanza coa deputada provincial Ana Isabel Vázquez para concertar a participación de grupos adscritos ao  Plan Cultural da Deputación nos actos de celebración das festas patronais de Tenorio na honra de San Antonio.

As devanditas festas terán lugar mañá, sábado, 29 de xuño. Despois dunha salva de bombas, ás 8 da mañá, para anunciar os festexos, terá lugar unha misa solemne seguida dunha procesión acompañada polo grupo Los Trazantes de Tenorio e dunha exhibición de bailes e cantigas rexionais. Ás 23 horas, iniciaráse a verbena que estará amenizada polas orquestas Alegría e Bluestar.

Cubela e a comisión de festas acordaron coa deputada Ana Isabel Vázquez que a Deputación colaborará co Concello de Cotobade promovendo a participación de cinco grupos do Plan Cultural nas patronais de Tenorio e tamén nos actos culturais e festivos que terán lugar a comenzos do mes de setembro.

28 de xuño de 2013 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.