publicidade hoxe

Diego Calvo e Ramón Camilo Varela selan a colaboración entre Deputación e concello para ampliar o camiño en Rebordelos, Arabexo e Campo de Rial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalProvinciasVal do Dubra
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o alcalde do Concello de Val do Dubra, Ramón Camilo Varela, asinaron un convenio de colaboración para financiar as obras de ampliación do camiño entre Rebordelos, Arabexo e Campo de Rial.

A axuda provincial reflectida no acordo, aprobada na último pleno, é de 99.624 euros, o que supón o financiamento do 80% dos 124.530,61 euros necesarios para levar a cabo estas actuacións.

O  camiño ten unha lonxitude total de 4.270 metros, nos que, segundo o proxecto aprobado, se procederá á ampliación dos 3.290 metros iniciais de Rebodelos a Arabezo e á ampliación da calzada en 0,75 metros a cada lado, co obxecto de mellorar a seguridade viaria na zona.

O convenio tamén inclúe a apertura de cunetas e limpeza das existentes.

Tras a sinatura, o alcalde de Val do Dubra agradeceu o apoio da Deputación porque, segundo explicou, a obra “é moi necesaria e moi demandada” polos veciños. 

25 de xuño de 2013 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.