Día do Medio Ambiente e Semana da Ciencia no CPI San Sadurniño
O CPI de San Sadurniño celebrou ao longo desta semana o Día do Medio Ambiente con actividades relacionadas coa ciencia. Algunhas destas leváronse a cabo en colaboración coa ANPA (visita a un planetario móbil) e co concello (II Concurso de Fotografía Medioambiental), mentres que o resto foron organizadas polos departamentos de ciencias do centro: charlas sobre a elaboración de lácteos e de biodiesel e exposición de proxectos científicos. Ademais, degustáronse produtos ecolóxicos no comedor e durante o recreo o alumnado tivo á súa disposición froita de temporada grazas á subvención do FOGGA.
Máis información na nosa páxina web: http://www.edu.xunta.es/centros/cpisansadurnino/
No caso de estar interesados contacten co centro.
Programa da Semana da ciencia
Este ano queremos celebrar o día 5 de xuño o día do Medio Ambiente con actividades relacionadas coa ciencia:
O martes 28 de maio os alumnos de todos os niveis poderán visitar o planetario móbil que se instalará ese día no centro. Actividade organizada pola ANPA.
O luns 3 de xuño os alumnos de 3º ESO recibirán unha charla sobre a elaboración de lácteos.
O martes 4 de xuño os alumnos de 3º e 4º ESO acudirán a unha charla sobre a elaboración do biodiesel. ABERTA AO PÚBLICO.
O martes 4 de xuño os alumnos de 1º de primaria e do club de ciencias presentaron os seus proxectos de ciencias: volcáns, microscopios, líquidos non newtonianos, experimentos con mezclas, auga, …
O mércores 5 de xuño exposición de fotografías participantes no II Concurso de Fotografía do Día Mundial do Medio Ambiente.
O xoves 6 de xuño exposición de proxectos de tecnoloxía, bioloxía, física e química e do club de ciencias de secundaria. Exhibición dunha impresora 3D.
No comedor degustamos algúns pratos elaborados con produtos ecolóxicos. No recreo celebramos a terceira semana de froita no curso 2012-2013. Froita ecolóxica de temporada, gratuíta, para o alumnado do centro subvencionada polo FOGGA.











