Despídese a cuarta edición do ciclo Música nos Tilos co concerto de Narf, en Teo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalTeo
A-
A+
Narf

Narf

O Ciclo Música nos Tilos remata este ano co concerto do compositor e intérprete Fran Pérez, Narf. Mañá venres 28 de xuño farase a última actuación do ciclo deste ano ás 22:30 horas na Casa Común dos Tilos. A entrada é de balde ata completar aforo. A Concellaría de Cultura, dirixida por Carme Hermida, impulsa este ciclo musical que xa está consolidade e oferta música de calidade “sen ter que saír do Concello nun espazo íntimo e coidado”.

O artista Narf interpretará unha selección dos seus mellores temas ademais de cantar algúns inéditos. Ten publicados tres traballos discográficos baixo o nome de Narf, Aló irmao, Totem e Nar en directo en Compostela. Trátase dun músico disciplinar que tamén traballou como actor. Ten composto ademais numerosas bandas sonoras para teatro, filmes e documentais.

A entrada ós concertos é de balde e o acceso está limitado polo aforo. Dende a Concellaría de Cultura animan ós asistentes a facer unha colaboración co Banco Veciñal de Alimentos (alimentos non perecedeiros), que poden depositar no local o mesmo día do concerto.

Este ano o Música nos Tilos contou coa presenza da formación aCadaCanto e de Sergio Tannus Trío.

27 de xuño de 2013 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.