Dende mañá, o Concello pon a disposición dos usuarios e usuarias as piscinas de Oira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O Concello de Ourense da paso á tempada estival coa apertura ao público das piscinas municipais situada na zona de Oira. Este é un recinto de ocio, con dous vasos para o baño, vestiarios, zona de descanso e solarium, así coma servizos de hostalería.

A apertura da zona de baño ao público implicou tarefas do entorno da zona,  limpeza e acondicionamento e a reparación e reposición do mobiliario urbano necesario, así coma a adecuación dos servicios públicos a disposición dos cidadáns.

As piscinas son de acceso libre e de balde,  e teñen un horario de apertura de 11.00h a 21.00h, ininterrumpidamente, de luns a domingo, e se poderán desfrutar dende mañá e ata mediados de setembro, en función da climatoloxía.

Para proporcionar os servicios adecuados contarase con persoal da Concellería de Deportes e membros de Protección Civil adscritos ao Plan de Salvamento de Praias.

Parellamente, a Concellería de Deporte pon a disposición dos usuarios e usuarias a piscina exterior do Pabillón dos Remedios, cunha dimensión de 19,20 m de longo, 6m de ancho e 1.20 m de fondo, co mesmo horario de apertura que as piscinas municipais, de 11.00h a 21.00h, pero de luns a sábado, con entrada gratuíta para os aboados e aboadas do Pabillón, e un custe de 3 euros para o público en xeral.

7 de xuño de 2013 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.