publicidade hoxe

“Danzares fest” congregará no pavillón municipal a máis de cen participantes de diferentes idades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O pavillón municipal acollerá mañá venres, entre as sete e as nove da tarde, a que será a primeira edición da “Danzares Fest”, unha iniciativa que organiza o Concello de Ares coa Escola Municipal de Danza e Baile Moderno. Durante estas dúas horas, más de cen nenas, mozas e persoas adultas actuarán nas diferentes categorías de baile latino, danza do ventre e baile moderno, potenciando, deste xeito, unha actividade que en Ares está a ter unha máis que destacada e exitosa presenza.

De feito, o grupo que coordina esta iniciativa municipal é o que vén de gañar o Primeiro Certamen de Danza do Concello de Ferrol na categoría de Creatividade. Trátase dunha agrupación formada por rapazas de Ares que, como outra proba do seu éxito e bon facer, a finais deste mes de xuño acudirá a un certame internacional que se desenvolverá na localidade lusa de Vilanova de Cerveira.   

13 de xuño de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.