Dani Mateo suspende a actuación prevista para o 22 de xuño no Auditorio de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A produtora do espectáculo de Dani Mateo comunicou onte pola tarde a suspensión do show que o monologuista catalán tiña previsto realizar no Auditorio Municipal o 22 de xuño. O importe das entradas que xa foran adquiridas reembolsaranse aos seus compradores do mesmo xeito que fixeron o pago.

A produtora alega “causas de forza maior” para suspender a representación de “PK2.0 O que Dios nos pille confesados” en Vilagarcía. A firma pediu desculpas polos inconvenientes que puidiera ter causado esta decisión e anunciaron que buscarán unha nova data para ofrecer ao público de Vilagarcía e da súa contorna o últimos espectáculo de Dani Mateo.

20 de xuño de 2013 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.