Curso de Impartición e titorización de accións formativas para o emprego en Santiago de Compostela
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Impartición e titorización de accións formativas para o emprego no Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil 2013.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove e outras persoas interesadas no tema.
Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade na admisión o Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.
Número de horas: 100.
Nº de prazas: 30.
Contidos:
- Contidos psicopedagóxicos da aprendizaxe na formación profesional para o emprego.
- Dinamización da aprendizaxe no grupo segundo a modalidade de impartición.
- Estratexias metodolóxicas na formación profesional para o emprego segundo a modalidade de impartición.
- Características das accións titoriais na formación profesional para o emprego.
- Desenvolvemento dunha acción titorial.
- Desenvolvemento dunha acción titorial en liña.
Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade semipresencial.
Datas de realización: 3 xullo ao 27 setembro 2013.
Xornadas presenciais: terán lugar no Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago. A asistencia á sesión presencial do curso é obrigatoria.
Sesión presencial
Exame final presencial
Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14 horas do 25 de xuño 2013.











