Curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en Cerdedo
O concello de Cerdedo tras a presentación da solicitude para a programación de accións formativas que presentou ante a Consellería de Traballo e Benestar, recibiu a notificación da concesión do curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes. Este curso desenvolverase nas aulas de formación habilitadas polo concello e terá unha duración de 478 horas. Ademais da formación específica que habilitará os participantes para traballar en distintos centros de día, residencias, empresas do sector, etc… formaráselles en inserción laboral e técnicas de busca de emprego, en formación para a igualdade e o título de manipulador de alimentos. O presuposto co que conta o curso é de 50.000 € e estará subvencionado na súa totalidade pola propia Consellería de Traballo e Benestar.
este curso formativo que estará dirixido a 15 veciños do municipio de Cerdedo englóbase no plan de emprego local que temos no Concello e busca por un lado que formar aos desempregados e por outro axudarlles a buscar traballo e optar a eses postos nas mellores condicións posibles. Esta liña de solicitar estas axudas compleméntase coa solicitude doutras políticas activas de emprego tales como os programas de cooperación, os obradoiros de emprego, etc… ” declara o Alcalde.
Curso de primeiros auxilios
Por outra banda, o Concello de Cerdedo impartirá un curso formativo de primeiros auxilios o vindeiro sábado 15 de xuño. Baixo o título I Xornada de Formación Cidadán en reanimación cardiopulmonar “Camiñando cara a vida” instruirase aos participantes nos primeiros auxilios.
O curso terá lugar de 10.00 a 14.00 h. no Centro Cultural do Concello de Cerdedo. A inscripción é gratuíta e poderá formalizarse no propio Concello.











