Cultura presenta a súa programación para o verán
A Concellaría de Cultura, que dirixe Ignacio Troncoso, vén de presentar a programación que porá en marcha durante a tempada estival.
Un total de 48 actividades compoñen este programa que se articula en:
. Concertos na Praza Paradela: un total de dez concertos encherán de música a Praza desde as 12.30 horas. Terán lugar os domingos do mes de xuño e xullo, ademais dos domingos 4 e 11 de agosto. Destaca a actuación da Lagniappe Brass Band de Estados Unidos.
. Concertos nas parroquias: os días 30 de xuño, 7 de xullo, 4, 13 e 17 de agosto e 15 de setembro nas parroquias de Couso, Peitieiros, Chaín, Morgadáns, Mañufe e Borreiros respectivamente.
. Teatro nas parroquias: Donas, Couso, Morgadáns, Mañufe, Borreiros e Peitieiros son as parroquias onde se representarán seis obras teatrais, durante os meses de xuño, agosto e outubro. Serán os sábados 15 e 29 de xuño en Donas e Couso respectivamente; o luns 12 e domingo 18 en Morgadáns e Mañufe; e o 6 e 19 de outubro en Borreiros e Peitieiros.
. Noites de Cinema: Cultura prevé proxectar un total de cinco filmes infantís nas parroquias de Couso, Morgadáns, Mañufe, Peitieiros e Borreiros, ás 22.30 horas. Serán os días 28 de xuño e 14, 16, 17 e 24 de agosto.
A estas xornadas, sumaranse 5 máis que se levarán a cabo no Parque da Coelleira do día 4 ao 8 de agosto.
. Noites na Praza da Alameda: dentro das noites da Alameda englóbanse unha serie de actuacións de entretemento entre as que destacamos a presenza de Tonhito de Poi o sábado 27 de xullo. As Noites na Alameda terán lugar, ás 22.30 horas, os días 19, 20, 26 e 27 de xullo e o 1, 2, 3, 9 e 10 de agosto.
. Festas do socio: en Donas o 16 de xuño, Chaín o 14 de xullo, Vilaza o 28 de xullo e Vincios os 7 e 8 de setembro.
O dia 22 de xuño, o Auditorio Lois Tobío acollerá a actuación do humorista Rober Bodegas con ‘El Umbral de la Estupidez’. O prezo para esta actividade será de 8 euros (venda anticipada) e 10 euros (en taquilla).
O sábado 6 de xullo o Parque das Ánimas será o escenario do Festival de Danza da Escola de Gondomar que actuará desde as 18.30 horas.
E non podía faltar nesta programación para o verán, a tradicional Festa Medieval que encherá as principais rúas gondomareñas do 23 ao 25 de agosto.
Por outra banda, desde a Concellaría de Cultura colabórase activamente con distintas comisións de festas, Asociacións e agrupacións co obxectivo de impulsar e sacar adiante festividades como a de San Xoán ou a festa gastronómica ‘As Delicias do Porco’, entre outras.











