publicidade hoxe

Culleredo formará a 45 desempregados en tres cursos de cualificación profesional que iniciará en xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

c

As accións que impartirá o Concello de Culleredo son as seguintes:

– Operacións básicas de restaurante e bar, con 308 horas de duración

– Montaxe de mobles e elementos de carpintaría, con 538 horas de duración

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, con 468 horas de duración.

Cada un dos cursos admitirá 15 alumnos para formarse nuns ámbitos que o Concello considera que se adapta a algunhas das necesidades do mercado laboral. O desenvolvemento destas iniciativas formativas supón un investimento de 126.885,37 euros, financiada por Traballo.

O goberno municipal prevé que as accións comecen a impartirse a mediados do mes de xullo. A Concellaría de Formación apostou por dedicar o plan de formación a áreas que contan con oportunidades reais de emprego.

O Concello de Culleredo considera que debe efectuar o máximo esforzo, dentro das súas competencias, para apoiar os desempregados do municipio. Neste sentido, o goberno de Culleredo apunta á formación como instrumento idóneo para a capacitación profesional.

Os participantes serán seleccionados polo INEM. Aqueles veciños que estean interesados no programa formativo poden recibir máis información no Centro Municipal de Formación Pablo Picasso, situado no Burgo.

20 de xuño de 2013 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.