publicidade hoxe

Culleredo e Bonsai Coruña enchen de bonsais o Style Outlets

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O Concello de Culleredo mostra o traballo da asociación Bonsai Coruña en The Coruña Style Outlets. Unha trintena de exemplares de diferentes variedades pódense ver entre hoxe e mañá nos corredores do centro comercial situado en Alvedro.

Pradairo, haxa vermella, piñeiro, ou Carballo son algunhas das diferentes especies xa instaladas no recinto. A beleza dos bonsais xa chamou a atención dende primeira hora aos clientes que paseaban polo outlet.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, xunto coa xerente do centro comercial, Esther Cruz, e o presidente de Bonsai Coruña, Marcial Campos, deron por inaugurada a exposición. Entre os exemplares destaca unha azalea de flores brancas.

Bonsai Coruña desenvolve os domingos actividades no xardín botánico do Burgo, en virtude da colaboración co Concello. Os interesados poden poñerse en contacto coa asociación para participar no programa.

21 de xuño de 2013 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.