publicidade hoxe

Culleredo comeza mañá o Festival do Humor co monólogo de Sara Escudero no Burgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O Concello de Culleredo inicia mañá, venres 7 de xuño, a primeira edición do Festival do Humor, que levará ao Edificio de Servizos Múltiples
do Burgo a recoñecidas figuras do xénero. A primeira en actuar será Sara Escudero, cómica coñecida polas súas intervencións na canle Paramount Comedy ou por El Club de la Comedia.

O monólogo terá lugar ás 21.00 horas. As entradas pódense adquirir en despacho ao prezo de 7 euros.

Antes, ás 16.00 horas terá lugar o taller de risoterapia, para o que foi necesaria a inscrición previa.

Os actos proseguirán todos os venres de xuño. A programación completa é a seguinte:

· Venres 7:
16.00 Taller de risoterapia (20 prazas).
21.00 Actuación de Sara Escudero.

· Venres 14: 21.00 h, actuación de Luis Zahera.

· Venres 21:
17.00 Charla sobre humor en Galicia
21.00 Actuación de Quico Cadaval.

· Venres 28: 21.00 h, actuación de Carlos Blanco.

Con este novo festival, o Concello de Culleredo amplía a súa oferta cunha proposta que atraerá numeroso público tamén de fóra do municipio. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, apunta que este programa con artistas de notable interese servirá tamén para a “dinamización” do Burgo e os seus locais de hostalaría.

6 de xuño de 2013 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.