publicidade hoxe

Culleredo celebra en xuño o seu primeiro Festival do Humor con actuacións de recoñecidos artistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O goberno de Culleredo amplía o seu abano de programación cultural cos miras postos no humor. O Concello organiza durante o mes de xuño a primeira edición do Festival do Humor, que levará ao Edificio de Servizos Múltiples do Burgo a recoñecidas figuras do xénero.

O programa componse de monólogos, un taller de risoterapia e unha charla sobre o humor en Galicia. Os actos terán lugar todos os venres de xuño, dende o próximo día 7. A programación é a seguinte:

· Venres 7:

16.00 Taller de risoterapia (20 prazas).
21.00 Actuación de Sara Escudero.

· Venres 14:

21.00 h, actuación de Luis Zahera.

· Venres 21:
17.00 Charla sobre humor en Galicia
21.00 Actuación de Quico Cadaval.

· Venres 28:

21.00 h, actuación de Carlos Blanco.

No Edificio de Servizos Múltiples pódense adquirir os aboamentos para todo o ciclo, ao prezo de 20 euros. As entradas soltas, a prezo de 7 euros, venderanse o mesmo día das actuacións, en despacho.

Con este novo festival, o Concello de Culleredo amplía a súa oferta cunha proposta que atraerá numeroso público tamén de fóra do municipio. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, apunta que este programa con artistas de notable interese servirá tamén para a “dinamización” do Burgo e os seus locais de hostalaría.

3 de xuño de 2013 | 15:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.